Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5858

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria ás pemes de Galicia para a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), período 2014-2020.

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), período 2014-2020, da Unión Europea, nas seguintes accións:

1. Misión comercial a Viena (Austria), do 3 ao 6 de abril de 2017. Convocatoria prevista en febreiro de 2017. Sector alimentos e bebidas.

2. Visita á Feira WTM do Turismo de São Paulo, do 3 ao 8 de abril de 2017. Convocatoria prevista en febreiro de 2017. Sector turismo.

Primeiro. Beneficiarias

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaracompostela.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas que se outorgarán con cargo a estas convocatorias en concepto de subvencións para o período 2014-2020 é de:

– Misión comercial a Viena: 56.000 euros.

– Visita WTM Turismo São Paulo: 20.000 euros.

As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes e a súa finalización comunícase en cada convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camaracompostela.com

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela