Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a corrección dun erro na documentación a que fai referencia a Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1 do Morrazo, subtreito III, punto quilométrico 7+300 ao 11+150 (clave PO/12/070.01.3; expediente E/062/2016).

No Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2017, publicouse a Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación do contrato da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1 do Morrazo, subtreito III, punto quilométrico do 7+300 ao 11+150, de clave PO/12/070.01.3 e referencia E/062/2016.

Advertido un erro na publicación da documentación que rexe esta licitación, consistente en que o prego de cláusulas administrativa particulares no idioma galego non era válido, púxose á disposición dos licitadores no perfil do contratante (www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=92643) o prego correcto e coincidente coa súa versión en castelán o día 26 de xaneiro de 2017.

Por tanto, como o envío da rectificación do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea se efectuou o 26 de xaneiro de 2017, o novo prazo de admisión das proposicións rematará o 20 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas