Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5754

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (1202/2015).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio, que no procedemento de xuízo ordinario 1202/2015 B seguido por instancia de Rogelio Díaz Fernández fronte a Josefa Fernández Neira, Kenneth John Clarke se ditou sentenza en data do 12 de decembro de 2016.

E, encontrándose o demandado, Kenneth John Clarke, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma, e indícase que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, co fin de ter coñecemento íntegro do acto; fáiselle saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de vinte días hábiles.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

A letrado da Administración de xustiza