Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de vixilancia e seguridade para os hospitais: Clínico Universitario, Gil Casares, Médico-Cirúrxico de Conxo, Psiquiátrico de Conxo, Hospital da Barbanza e Ambulatorio Concepción Arenal (expediente AB-EIS1-16-103).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario, Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-16-103.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade interior e exterior dos hospitais: Clínico Universitario, Gil Casares, Médico Cirúrxico de Conxo, Psiquiátrico de Conxo, Hospital da Barbanza e Ambulatorio Concepción Arenal, pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse os pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Xestión Integrada de Santiago de Compostela-A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses, computados desde a data da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso):

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 e 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato: 8.958.840 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 5.429.600,00 euros. Importe total: 6.569.816 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, ver os pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: ver os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

b) Modalidade de presentación: ver os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Número previsto de empresas a que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver os pregos.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela