Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación do núcleo rural de Cernadas.

Presentada neste concello solicitude por parte de José López Ferreiro, Ramón Gómez Crespo, Jesús Bar Arias, Antonia Viña García e José Crespo Viña, para que se leve a cabo a delimitación do núcleo rural de Cernadas, de acordo co disposto no artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, por remisión do artigo 83.6 da citada norma, sométese o expediente a información pública por un período de dous meses, contado desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Val do Dubra, 10 de xaneiro de 2017

Antonio Negreira Noya
Alcalde