Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5564

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 29 de novembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 236, do 13 de decembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social, mediante Orde do 29 de novembro de 2016 (DOG nº 236, do 13 de decembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde do 29 de novembro de 2016.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia; ou de vinte días hábiles, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Aboy Fernández, Ana Mª.

NRP: 3329467368 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Inclusión e Integración Social.

Código: PS.C04.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Inclusión Social.

Localidade: Santiago de Compostela.