Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2016/136-2, 8445 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Building Center, S.A.U.

Domicilio social: r/ Provencals, 35, 08019 Barcelona.

Denominación: instalación eléctrica de alta tensión para centro de transformación 250 kVA, liña subterránea de media tensión e liña subterránea de baixa tensión para edificio de sesenta vivendas na r/ San Pedro, nº 45-53.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kV con orixe na LMT subterránea MOF810, que entra e sae no CT proxectado, cunha lonxitude proxectada de 32 metros en condutor tipo RHZ1-240.

2. CT compacto en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 250 kVA.

3. Liña subterránea de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na CXP do portal E, cunha lonxitude de 17 metros en condutor tipo XZ1.

4. Liña subterránea de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na CXP do portal W, cunha lonxitude de 38 metros en condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 17 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo