Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2016/571-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, SA.

Domicilio social: rúa A Coruña, 20-baixo, 36000 Tui.

Denominación: LMTS CT Área Panorámica-CS Insalud.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 215 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Área Panorámica e final no centro de seccionamento Insalud. A instalación está situada na rúa Ourense de Tui.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 13 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra