Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5545

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 1 de febreiro de 2017 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O artigo 10 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia crea o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da axencia integrado pola Presidencia, Vicepresidencia e sete vogais, xunto cunha secretaría.

O apartado 2 do artigo 13 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor dispoñendo o seguinte:

«2. O Consello Reitor estará integrado polos seguintes membros:

(...)

c) Sete vogais, nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición:

– Tres vogais representarán á consellería competente en materia de enerxía e serán designados por esta.

– Dous vogais representarán á consellería competente en materia de ordenación do territorio e ambiente e serán propostos por esta.

– Un/unha vogal en representación da consellería competente en materia de facenda e será proposto/a por esta.

– Un/unha vogal representará as corporacións locais e será proposto pola Fegamp».

En virtude do anterior, e unha vez feitas as designacións por parte das respectivas persoas titulares das consellerías correspondentes, é necesario facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 13 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da axencia Instituto Enerxético de Galicia ás seguintes persoas:

a) En representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

– Borja Verea Fraiz, secretario xeral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

– Juan Manuel Cividanes Roger, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

– Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain).

b) En representación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

– María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

– María Encarnación Rivas Diaz, directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

c) En representación da Consellería de Facenda:

– María Socorro Martín Hierro, secretaria xeral da Consellería de Facenda.

d) En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp):

– Alfredo L. García Rodríguez, presidente da Fegamp.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro do 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria