Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato da obra de ampliación do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de ampliación do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, expediente ED 27/16-O.

1.1. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 220.425,00 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

1.3. Data de adxudicación: 31 de decembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 19 de xaneiro de 2017.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria