Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5441

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefatura da Sección de Análises Clínicas-laboratorio de área.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña resolve anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a da Sección de Análises Clínicas-laboratorio de área.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de coarenta e cinco (45) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a da Sección de Análises Clínicas-laboratorio de área da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.