Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización dos contratos para a subministración de equipamento, cadeiras de brazos de odontoloxía, aparellos de monitorización da tensión arterial e ecógrafos (expediente AB-EIV1-16-039).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto del contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento, cadeiras de brazos de odontoloxía, aparellos monitorización tensión arterial e ecógrafos.

c) Lotes: si, tres lotes.

d) CPV: 331240000.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19.10.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 161.500,00 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 161.500,00 €, IVE (21 %): 33.915,00 €, importe total: 195.415,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 7.12.2016.

c) Contratistas e importes adxudicados:

Empresa adxudicataria: lote 1

Cadeiras de brazos de odontoloxía

Galident Sirona, S.L.

CIF: B70356795

Importe adxudicado:

36.900,00 € (sen IVE), 44.649,00 (con IVE incluído)

Empresa adxudicataria: lote 2

Aparellos de monitorización da tensión arterial

Tecnomed 2000, S.L.

CIF: B81322216

Importe adxudicado:

21.000,00 € (sen IVE), 25.410,00 (con IVE incluído)

Empresa adxudicataria: lote 3

Ecógrafos

Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L.

CIF: B36769479

Importe adxudicado:

58.772,00 € (sen IVE), 71.114,12 (con IVE incluído)

d) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas segundo os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Vigo, 3 de xaneiro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo