Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto a subministración e instalación de equipamento para o sistema e-call de recepción de chamadas de emerxencias en vehículos, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=78255.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org.

d) Número de expediente: AXGE16.SU.096.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: un sistema de elementos hardware e software que se integrarán na nova plataforma de xestión de emerxencias do CIAE 112 Galicia, para a recepción óptima das chamadas en casos de emerxencia realizadas a través do sistema e-call incorporado en vehículos.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 43313000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 57.851,24 €. Importe total: 70.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 28 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Atos It Solutions and Services Iberia, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 54.867,20 €. Importe total: 66.389,31 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias