Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5313

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases do proceso de selección para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira vacante neste concello, incluída na oferta de emprego público de 2016.

No Boletín Oficial da provincia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía núm. 224, do 5 de decembro de 2016, relativas á seguinte convocatoria:

– Unha praza de funcionario de carreira do grupo C, subgrupo: C1. Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Denominación: administrativo/a, por promoción interna vertical, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Negreira, 13 de xaneiro de 2017

Jorge J. Tuñas Caamaño
Alcalde presidente