Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5226

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (150/2016).

No procedemento ordinario 150/2016 ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 21 de novembro de 2016.

Demandante: Carlos González Pena.

Avogado: Francisco Javier Cabo Cibeira.

Procurador: José Fernández González.

Demandados: Andrés Rivas Guerra, Aurea Lorenzo Ogando.

(En ignorado paradoiro).

Así como a comunidade de herdeiros ou herdanza xacente.

Decido:

Que, estimando a demanda promovida polo procurador José Fernández González en nome e representación de Carlos González Pena, quen actúa, ademais en representación da comunidade de gananciais que forma coa súa esposa, María Carmen García Rodríguez, fronte a Andrés Rivas Guerra, Aurea Lorenzo Ogando e a herdanza xacente destes, se declara o carácter indivisible do predio descrito no seu expositivo primeiro, así como o cesamento da situación de proindivisión desta, acordando a súa venda en pública poxa, coa presenza dos cotitulares e a admisión de licitadores estraños, co obxecto de que sexa adxudicada ao mellor licitador; o prezo da venda deberá ser repartido en proporción ás súas respectivas cotas. Todo isto sen efectuar especial pronunciamento sobre as custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá perante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da notificación dequela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC)».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Andrés Rivas Guerra e Aurea Lorenzo Ogando, así como da comunidade de herdeiros ou herdaza xacente destes, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 20 de decembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza