1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.
2. Obxecto: contratación de redacción da adaptación do proxecto básico e de execución, e da execución de obra dunha sala de electrofisioloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo, cofinanciado nun 80 % polo PO Feder Galicia 2014-2020, OE 9.7.1.
3. Nº de expediente: AB-SER3-17-001.
4. Clasificación CPA: 41.00.40.
5. Clasificación CPV: 45262700-8.
6. Valor estimado: 216.049,98 €.
7. Orzamento total sen IVE: 216.049,98 €.
8. Orzamento total con IVE: 261.420,48 €.
9. Prazo de execución: tres (3) meses e quince (15) días.
10. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 2.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).
c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.
11. Garantía provisional: non se exixe.
12. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
13. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
14. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).
15. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/
16. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
17. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.
18. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e no punto 4.5 do PCAP desta licitación.
19. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/
20. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos