Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016338TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 15 de decembro de 2016, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016338TA-CO, incoado a Manuel Rodríguez Tuimil.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Manuel Rodríguez Tuimil o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marcelino Álvarez Ares
Xefe do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016338TA-CO.

Interesado: Manuel Rodríguez Tuimil.

DNI/NIF/CIF: 32622519D.

Último enderezo coñecido: rúa Isla de Lobos, aptos. Océano 220, 35630 Antigua (Las Palmas).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.