Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4986

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean os membros da Comisión Técnica de Valoración da proba de galego no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter nacional, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización.

Mediante Resolución do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convócase o concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional (BOE núm. 273, do 11 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da antedita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten coa solicitude de participación no concurso estar en posesión do Celga 4 ou equivalente participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba será realizada por unha comisión tećnica composta por tres persoas expertas na materia e, por cada membro titular, nomearase un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta Dirección Xeral de Administración Local

DISPÓN:

Primeiro. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional:

Titulares:

Purificación Galán Boutureira

Olga López López

Isabel Gil Gil

Suplentes:

Xosé Gregorio Ferreiro Fente

Armando Requeixo Cuba

Concepción Díaz Candán

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño. Establecerase un número máximo de asistencias para percibir de 3 por membro.

Segundo. Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario de traslados convocado por Resolución do 26 de outubro de 2016 estar en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a devandita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web:

http://www.eidolocal.es

Terceiro. A proba terá lugar o vindeiro día 7 de febreiro de 2017, ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, nº 2-4, Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo da Comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local