Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de mantemento integral de aparellos elevadores en varios centros (expediente AB-ASF1-17-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

4º. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás os sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-17-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento integral de aparellos elevadores en varios centros da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): si, cinco lotes (véxanse os pregos).

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: vintecatro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50740000-4 e 50750000-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Oferta económica: ata 55 puntos.

– Oferta técnica: ata 45 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 478.866,67 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 261.200 €; IVE: 54.852 €; importe total: 316.052 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 20.2.2017.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 9.1.2017.

12. Outras informacións.

Ferrol, 9 de xaneiro de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol