Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Loureiro.

Faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de arrendamento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016003573 (ref. 2397).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Loureiro.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de maio de 2016, 26 de maio de 2016 e 26 de maio de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. 5.775,90 euros (IVE incluído) por cada ano de contrato.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de novembro de 2016.

b) Data de formalización: 2 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Marcos Francisco Martínez Neira.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 3.455,16 euros. IVE: 725,58 euros. Importe total: 4.180,74 euros/anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 2 de xaneiro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde