Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4823

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2016.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2016 por esta fundación.

Data sinatura

Importe con cargo ao orzamento da fundación

Convenio

9.9.2016

4.900,00 €

Acordo de cooperación entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación para las Artes (Centro Cultural Borges) para a celebración da exposición José Suárez.

26.9.2016

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, sobre o traspaso da Consellería de Economía, Emprego e Industria á Fundación Cidade da Cultura de Galicia do crédito correspondente á execución do proxecto «iluminación complementaria da Cidade da Cultura de Galicia».

5.10.2016

0,00 €

Convenio entre a Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Autoestradas do Atlántico, Concesionaria Española, Sociedade Anónima Unipersonal para a construción dunha nova ligazón na autoestrada AP-9 de acceso a Santiago de Compostela e ao complexo da Cidade da Cultura.

7.10.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (Reino de España), o Ministerio de Cultura de la Nación (República Arxentina) e a Municipalidade da cidade de Córdoba (República Arxentina) para a celebración do «Encontro de Artistas Novos» en cidade de Córdoba (Arxentina).

3.11.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Sociedad Española de Radiodifusión para a realización do «You Win» en Cidade da Cultura de Galicia.

8.11.2016

0,00 €

Acordo de cooperación entre Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Fundación Pública Galega Camilo José Cela para a celebración da exposición «CJC: 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade» no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2016

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia