Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4573

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes deben publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao cal se imputen, beneficiario, cantidade concedida e a finalidade, previsión, así mesmo, contida no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que se procede á correspondente publicación.

Convocatoria: Orde do 21 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG núm. 149, do 8 de agosto).

Programa: 312E.

Aplicación orzamentaria/crédito: 12.04.312E.760.1. Importe: 900.000 €.

Código de proxecto: 2016 00169.

Finalidade: execución, en edificios destinados á prestación de servizos públicos e en espazos públicos, de obras de mellora para garantir a accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, obras e intervencións para eliminar barreiras de comunicación, así como a adquisición e instalación de equipamento con tal obxecto.

Beneficiario, actuación subvencionada e importe concedido: figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente

Beneficiarios

Actuacións

Importe da subvención (€)

02-2016.BS701A.AC

Concello de Xove

Área do Centro Cívico. Reforma de aparcadoiro: zona frontal área 1 (19 prazas)

10.133,30

05-2016.BS701A.AC

Concello de Fornelos de Montes

Reforma de espazo público para a creación dunha praza municipal accesible: itinerarios, prazas de aparcamento, sinalización, mobiliario, etc.

64.454,51

09-2016.BS701A.AC

Concello de Ourense

Museo municipal: instalación de ascensor

43.456,53

13-2016.BS701A.AC

Concello de Pedrafita do Cebreiro

Casa do concello: instalación de ascensor

37.500,00

14-2016.BS701A.AC

Concello de Folgoso do Caurel

Casa do concello: mellora da accesibilidade (rampla exterior, ascensor, itinerario, aseo e praza de aparcamento)

26.737,57

20-2016.BS701A.AC

Concello de San Cibrao das Viñas

Casa do concello: mellora da accesibilidade (instalación de ascensor e modificación de aseos)

45.165,03

22-2016.BS701A.AC

Concello de Negreira

Pavillón deportivo do colexio público O Coto: construción de vestiarios adaptados

45.284,25

24-2016.BS700A.AC

Concello da Laracha

Obra de mellora da accesibilidade na marxe esquerda da Rúa Eusebio Bértoa Queijo, no tramo de berirarrúa existente actualmente (entre o cruzamento da rúa Epifanio Campo Núñez e a primeira travesía)

9.973,97

28-2016.BS701A.AC

Concello de Castrelo de Miño

Parque Náutico de Galicia: mellora da accesibilidade (itinerarios, prazas de aparcamento, aseos, sinalética, sist. de emerxencia)

7.630,14

34-2016.BS701A.AC

Concello de Cervo

Obras de mellora no contorno e accesos das áreas de lecer: Casa da Cultura, praza Casa da Cultura, praza dos Campos e parque Reina Sofía, en S. Cibrao: adaptación de 8 pasos de peóns

70.000

39-2016.BS701A.AC

Concello de Vilagarcía de Arousa

Obra de mellora: adaptación de itinerario desde o transporte público á praza da Peixería (pasos de peóns, reforma de plataformas de parada de bus e instalación de marquesiñas)

45.297,52

42-2016.BS701A.AC

Concello de Moaña

Avda. Concepción Arenal: adaptación para a mellora da accesibilidade

56.250,00

49-2016.BS701A.AC

Concello de Ares

Edificio municipal destinado a centro sociocomunitario: instalación de ascensor

24.072,44

52-2016.BS701A.AC

Concello de Ribeira

Conservatorio municipal: instalación de ascensor

61.047,17

61-2016.BS701A.AC

Concello de Ames

Praia fluvial de Tapia: mellora da accesibilidade (itinerarios, adaptación de mostrador e aseos, prazas de aparcamento, mobiliario urbano, guindastre piscina)

27.293,62

74-2016.BS701A.AC

Concello de Cambre

Casa da Arrigada: mellora da accesibilidade (instalación de ascensor e adaptación de aseos)

40.621,14

75-2016.BS701A.AC

Concello de Outeiro de Rei

Centro sociocultural de Matela: mellora da accesibilidade (instalación de pasamáns de escaleira e de rampla, así como de varanda fronte á rampla e adaptación de aseo)

Casa do concello: itinerario (instalación de porta accesible)

7.298,93

81-2016.BS701A.AC

Concello de Rubiá

Mellora da accesibilidade en espazos públicos: beirarrúas do contorno da estrada OU-622 (itinerarios) e praza municipal (itinerarios, prazas de aparcamento, sinalización, mobiliario)

16.622,01