Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN661A 20016/1-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 4 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, de construción e a declaración de utilidade pública en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, relacionadas co proxecto de repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira, na provincia da Coruña (expediente IN661A-2016/1-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expte.: IN661A 2016/1-1.

Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.U.

Denominación: repotenciación do parque eólico Serra da Panda.

Concellos: Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio: 45.

Propietario: descoñecido.

Datos catastrais: polígono 26; parcela: 666; paraxe: O Sisto; concello: Mañón.

Superficies afectadas: en pleno dominio: 490 m2 por plataforma, 390 m2 por gabias, 110 m2 por camiño;

Servidume de voo: 1.576 m2 por voo; ocupación temporal: 570 m2.

Nº de predio: 47.

Propietario: descoñecido.

Datos catastrais: polígono 26; parcela: 664; paraxe: O Sisto; concello: Mañón.

Superficies afectadas: en pleno dominio: 231 m2 por plataforma, 208 m2 por zapata, 407 m2 por camiño;

Servidume de voo: 3.337 m2 por voo; ocupación temporal: 662 m2.

Zapata, plat. (plataforma), torre anemométrica: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados polas zapatas e plataformas dos aeroxeradores e para a torre anemométrica, así como os noiros e terrapléns que se necesitan para a súa construción.

Set. (subestación): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados para a instalación da subestación transformadora e o edificio de control.

Voo: servidume de voo dos aeroxeradores; afecta a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores.

Gabia: servidume de paso da liña subterránea de media tensión.

Vía: servidume de paso dos camiños polos cales circularán persoas, vehículos e maquinaria durante a construción do parque, así como durante a etapa do seu mantemento.

Prot. eólica: superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permitir a libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador.