Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4527

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de suspensión de nomeamento.

Por Resolución da Acaldía do 10.1.2016, e a vista do recurso de reposición interposto por Moisés Tabóas Fernández contra a Resolución da Alcaldía do 5.12.2016 relativa á designación de arquitecto técnico e solicitude de suspensión ao abeiro do artigo 117 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, acordouse a suspensión da execución do acto de nomeamento e toma de posesión do aspirante proposto polo tribunal cualificador José Manuel Alejos González (DOG núm. 249, do 30.12.2016).

O que se publica para o xeral coñecemento.

Baiona, 11 de xaneiro de 2017

Ángel M. Rodal Almuíña
Alcalde