Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica o interesado para que acredite a representación no recurso de alzada RAI-LU-279/15, interposto contra a Resolución do 29 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, ditada no expediente IN635C 2015/56-2 en materia de seguridade industrial.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Manuel Casares Rodríguez, en representación de M. Casares, S.L., co último domicilio coñecido na rúa Roberto Baamonde, núm. 139, 1º, en Monforte de Lemos (Lugo), para que acredite a representación do recurso de alzada RAI-LU-279/15, interposto contra a Resolución do 29 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, da Consellería de Economía e Industria, ditada no expediente IN635C 2015/56-2 en materia de seguridade industrial.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Administrativo, Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria