Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

1. Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático pola que se outorga a autorización ambiental integrada número 2015-IPPC-I-54-308.

Instalación: planta de fabricación de taboleiros

Trámite: autorización ambiental integrada

Titular: Tableros Hispanos, S.L.U.

Expediente núm.: 2015-IPPC-I-54

Localización: concello de Lugo

Data: 19.12.2016

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático