Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos:

I. Contrato de obras: mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros, no p.q. 8+250 da estrada PO-531, concello de Barro. Clave: PO/16/002.06. Expediente: E/034/2016.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/16/002.06 (E/034/2016).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=28353

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros, no p.q. 8+250 da estrada PO-531, concello de Barro.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño de 2016.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 399.006,12 €.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 399.006,12 €. Importe total: 482.797,41 €.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 9.12.2016.

c) Adxudicataria: Construcciones, Obras y Viales, S.A. (Covsa).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 315.813,35 €. Importe total: 382.134,15 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

II. Contrato de servizo: instalación e explotación das estacións de medición, estudo do tráfico e estudo da accidentalidade na rede autonómica de estradas de Galicia (Raega). Clave: GA/16/074.09. Expediente: AT/006/2016.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: GA/16/074.09 (AT/006/2016).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=45520

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a instalación e explotación das estacións de medición, estudo do tráfico e estudo da accidentalidade na rede autonómica de estradas de Galicia (Raega).

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea do 30 de xuño, Boletín Oficial del Estado do 8 de xullo e Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo de 2016.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 1.251.404 €.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 625.702 €. Importe total: 757.099,42 €.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 31.12.2016.

c) Adxudicataria: Iceacsa Consultores, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 484.293,35 €. Importe total: 585.994,95 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas