Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada en relación cun recurso de alzada.

Con data do 30 de decembro de 2016 o director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda ditou resolución sobre o recurso de alzada formulado por Ramona García Rodríguez, con DNI 32427279Q, contra o Acordo da Comisión Permanente Central do 21 de xullo de 2016, que desestimou a súa petición de incorporación á lista para a provisión temporal de postos da escala A1-2086.

Logo de intentar dúas veces a notificación da citada contestación a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por «non retirado», tras dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifica a Ramona García Rodríguez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública