Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016386AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 23 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2016386AL-PO, incoado a Hotel Vialmar, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, notifícaselle a Hotel Vialmar, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016386AL-PO.

Denunciada: Hotel Vialmar, S.L., con CIF B36367878.

Último enderezo coñecido: lugar Saramagosa, s/n, 36637 Meis.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

− Artigo 7 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénicos-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

− Artigos 5 e 17 do Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

− Artigos 4, 10, 11 e 14 do Real decreto 742/2013, do 27 de outubro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas.

Tipificación: impútanselle unha infracción grave, segundo o artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: tres mil cinco euros (3.005,00 €).