Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do nomeamento de funcionarios de carreira.

O concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante resolucións do 12 de decembro de 2016, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Alberto Losada Gómez, con DNI 77403871-Q, para ocupar unha praza de oficial de obras de administración especial, encadrada na subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, da escala de administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda promoción interna.

– Juan José Souto Acuña, con DNI 35295436-G, para ocupar unha praza de oficial electricista de administración especial, encadrada na subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, da escala de administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2017

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde