Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1037/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1037/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rey Bra contra Escayolas Gasamans, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Manuel Rey Bra contra Escayolas Gasamans, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.859,51 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamans, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza