Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4284

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 17 de xaneiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Por Orde do 13 de decembro de 2016, publicada no DOG número 244, do 23 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto da Xefatura Comarcal, efectuada pola Orde do 13 de decembro de 2016, publicada no DOG número 244, do 23 de decembro.

Segundo. Declarar deserta a convocatoria de libre designación da Orde do 13 de decembro de 2016, DOG número 244, do 23 de decembro, para a provisión dun posto da Xefatura Comarcal de Ribeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

1. Posto de traballo: Xefatura Comarcal de Ribeira.

Nome e apelidos: deserto.