Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.
Denominación: legalización do CT 1244 Confitería.
Situación: concello de Mondoñedo.
Características técnicas:
1. Reforma consistente na instalación de dúas celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V, adecúase tamén a iluminación interior, a ventilación, os condutores para a conexión entre celas e o transformador, o cadro de baixa tensión e a conexión á rede de alta tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 27 de decembro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo