Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente AUPES-004/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento AUPES-004/2016.

Os actos foron adoptados pola entón directora xeral de Conservación da Natureza.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente: AUPES-004/2016.

Interesado: Noroeste de Gestión Consultores.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: rúa Rafael Alberti, 9, 1º B, 15008 A Coruña (A Coruña).