Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4262

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xaneiro de 2017 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Tomiño, no concello de Tomiño.

De conformidade co previsto nos artigos 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tomiño.

Código: 36019751.

Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Tomiño.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Antón Alonso Ríos.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria