Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato de obra de conservación e mantemento da instalación de auga fría para consumo humano, auga quente sanitaria e retorno do Hospital de Verín (expediente NB-EIO1-16-019).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: NB-EIO1-16-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obra de conservación e mantemento da instalación de auga fría para consumo humano, auga quente sanitaria e retorno do Hospital de Verín.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45332200-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 169.421,49 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 169.421,49 €; importe total: 205.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.12.2016.

c) Contratista: Ferrovial Servicios, S.A. (CIF A80241789).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 167.000,00 €; importe total: 202.070,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as recollidas na resolución de adxudicación.

Ourense, 21 de decembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras