Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 256/2016 G-OTM).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria do 31 de outubro de 2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para completar e reaxustar a rasante na rúa Esquío de Carballo, promovido pola entidade Logística San Juan, S.L.

O documento aprobado poderá consultarse na seguinte páxina web:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Así mesmo, faise constar que mediante oficio desta data se remitiu á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio copia dilixenciada –en soporte papel e dixital– do estudo de detalle aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Carballo, 23 de decembro de 2016

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde