Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4244

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros do procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2017 na zona norte da provincia.

No Boletín Oficial da provincia do 9 de xaneiro de 2017 (BOP núm. 6, páxina 2), e no Diario Oficial de Galicia do 11 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 7, páxina 1584) publícase a convocatoria do procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2017 na zona norte da provincia, e nas súas prescricións técnicas existe un erro, polo que cómpre a súa corrección da seguinte maneira:

Debe entenderse suprimida a seguinte referencia que figura no seu punto II.

«Emulsión de betume modificado con polímeros de rotura rápida.

Na súa fabricación empregarase betume modificado cun polímero SBS pero non látex».

A presente rectificación de erros altera o prazo límite de presentación de ofertas, que finalizará o décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación desta corrección de erros no DOG.

Ourense, 19 de xaneiro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense