Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4160

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2017 pola que se aproba a listaxe de admitidos e excluídos no concurso para a provisión dun posto de letrado/a vacante neste organismo, convocado por Resolución do 21 de decembro de 2016.

Logo de examinar as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión dun posto de letrado/a vacante no Consello Consultivo de Galicia, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), e de conformidade co disposto na base VI da referida convocatoria, esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar a relación definitiva (anexo) de solicitantes admitidos no concurso para a provisión dun posto de traballo vacante do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

A lista de solicitantes admitidos pódese consultar no taboleiro de anuncios e no portal web do Consello Consultivo de Galicia (www.ccgalicia.es), na epígrafe «Novas».

Non resultou excluído ningún solicitante.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Relación de aspirantes admitidos

Apelidos e nome

NIF

López Guizán, Ana Mª

33326319D