Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa e Santiso-A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa e Santiso-A Coruña), promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://www.mediorural.dxeraldesenvolvemento@xunta.gal).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural