Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ás persoas interesadas nos procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 15/1644/88 e sete máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de resolucións ditadas pola xefa territorial no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido destas resolucións, advertíndoas que de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que indícanse no anexo.

Informándoas que contra as devanditas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, perante a conselleira de Política Social (Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela), directamente ou a través desta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de decembro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Carrizo Iglesias, Mª Carmen

32411545Z

15/1644/88

Extinción

Muñoz Hernández, Josefina

32786909H

15/461/85

Extinción

Gutiérrez Menéndez, Andrés

32644179A

15/463/87

Extinción

Carril Alonso, Raquel

32840068R

15/587/90

Extinción

Torres Loureiro, Manuela

32842906X

15/3014/90

Rehabilitación

Fernández González, Esther

32293905L

15/2819/88

Extinción

Carril Alonso, Consuelo

52459624M

15/590/90

Extinción

San Juán Bernal, Cristián Jesús

X8810207B

15/03/2008

Extinción