Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Digno Javier Souto Mariño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 530/2016 (procedemento abreviado), interposto por Digno Javier Souto Mariño contra a Resolución do 22 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: farmacéutico/a de atención primaria) (DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2016).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S. (Artigo 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d); Orde do 5.7.2012)
Mª Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal