Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do sector 5, Mesoiro (expediente 631/2016/89).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2016, acordou aprobar inicialmente o documento da modificación puntual do Plan parcial do sector 5, Mesoiro, redactado en novembro de 2016 pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento e promovido polo Concello da Coruña.

En cumprimento do artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación da modificación do plan parcial pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do Concello: www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe «Exposición pública de expedientes».

A Coruña, 29 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda