Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 22 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2011/289-36.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8-1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 22 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2011/289-36.

Interesada: Mª Elisa Caetano.

NIE: X-7761875-L.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 20 de decembro de 2016.