Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba no lugar de Santo Antolín, no concello de Sarria (Lugo) (titular: Eduardo López López, expediente 2015/0202).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola, promovida por Eduardo López López, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa), no concello de Sarria (rúa Maior 14, 27600 Sarria) e na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (rúa Vicente Ferrer 2, 15071 A Coruña), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental

%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos

%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico

%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap

%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático