Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista nos termos municipais de Campo Lameiro e Cotobade.

De conformidade co disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puideran practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/579-4) atópase á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Castro

36007A027005860000DL

Campo Lameiro

Tostal

36007A028005740000DX

Campo Lameiro