Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de asistencia técnica de apoio instrumental no cumprimento das obrigas de seguridade da información do organismo pagador dos fondos europeos agrícolas (Fogga), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 70/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de apoio instrumental no cumprimento das obrigas de seguridade da información Feader do organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia (Fogga).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 17.8.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 185.950,40 €.

5. Orzamento base de licitación: 123.966,93 €, máis 26.033,07 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 16.12.2016.

c) Contratista: BDO Auditores, S.L.

d) Importe de adxudicación: 111.925,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia