Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3764

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de unidades modulares para compostaxe comunitaria nos barrios de Monte Porreiro e Campolongo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, número 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: subministración de unidades modulares para compostaxe comunitaria nos barrios de Monte Porreiro e Campolongo.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 142.500,00 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29, fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

• Cuantificable por xuízo de valor: deseño, robustez e facilidade operativa; criterios ambientais; tapa carga/acceso, superficie e modo de contacto co chan; plan de reciclaxe final.

• Avaliables automaticamente: prezo e prazo de garantía das UMC.

Pontevedra, 27 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda