De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1297/2016-PPM e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2017
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-1297/2016-PPM.
Persoa interesada: Cristian Popa Calín.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa 9 de Agosto, 73, Ribeira.
Expediente: PSC-CO-1318/2016-PPM.
Persoa interesada: José Antonio Vázquez Campos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Camiño da Igrexa, 3, 3º B, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-1320/2016-PPM.
Persoa interesada: José Iván Moscoso Pazos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Deveos, 12, 1º, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-1321/2016-PPM.
Persoa interesada: Miguel Figueira Alonso.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Cruceiro, 55, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-CO-1326/2016-PPM.
Persoa interesada: Francisco Javier López Serrano.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: polígono de Elviña, 2ª fase, portal 1, bloque 17-9, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-1345/2016-PPM.
Persoa interesada: José Luis Gago Iglesias.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Peralto, 4, Lampón, Boiro.