De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás entidades que se relacionan no anexo as resolucións ditadas no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.
Contra as resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Infórmaselles que os expedientes están á súa disposición nas dependencias do Servizo de Planificación da Promoción Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral
ANEXO
Entidade: Centro Dafonte.
Número de censo: 15C01271.
Entidade: Canard Luso, S.L.
Número de censo: 27C00397.
Entidade: Cesform, S.L.
Número de censo: 36C00727.
Entidade: Coetsa.
Número de censo: 32C00137.
Entidade: Handen, S.A.
Número de censo: 15C00946.
Entidade: Tutormática, S.L.
Números de censo: 36C00135.